O bádminton ourensán tivo unha destacada actuación na Liga Galega de Clubes 2010-2011, que rematou o pasado sábado en A Coruña. O Athlos proclamóuse campión na categoría Sub 15, grazas ao triunfo do equipo feminino, liderado por Sara Ezquerro e Sara Galicia, e polo bronce acadado por Gabrial Vidal e Iván Mariño no equipo masculino. A provincia estivo representada nesta competición polos clubes Athlos, Universidade Laboral e Independiente RSL.
En breve publicaremos a clasificación completa.