A intención da FEGABAD é ceder a organización do Ranking Galego de Bádminton, proba oficiosa do calendario galego, aos clubes que desexen facerse cargo da mesma, asumindo as seguintes tarefas:
- Convocatorias e normativa .
- Recepción das inscricións.
- Xestión dos volantes para a competición.
- Realización dos cadros de competición e control da mesma.
- Remitir á federación, convocatoria, información e resultados para a súa difusión entre os clubes afiliados á Federación.
A Federación, xa a partir da vindeira proba encargarase de difundir a información da mesma, sempre que se lle faga chegar en tempo e forma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario