lunes, 28 de marzo de 2011

VI LALÍN WILSON CUP, do 21 ao 23 de abril. Aberto o prazo de inscrición.

VI Lalín Wilson Cup lalinwilsoncup.blogspot.com
 

FASE PREVIA COMPETICIÓN ESCOLAR DE BÁDMINTON, ZONA AS BURGAS, venres día 1 de abril, no Ies As Lagoas.

XORNADA PREVIA AO CAMPIONATO COMARCAL.

Data: Venres, 1 de abril
Sede: Polideportivo do Ies As Lagoas
Horario: Infantil e cadete a partir das 16 h.
               Benxamín e alevín a partir das 18 h. (ambos ata finalizar, aprox. ás 20:30h)
Modalidade: competición individual a un único set de 30 puntos, con cambio de campo en 15.
Inscricións e contacto: Nuria Fernández Valencia, nuria@edu.xunta.es, 609 843141, antes das 20 horas    do xoves día 31 de marzo. (En orde de forza)
Calendario :  
-  datas da Previa Comarcal As Burgas: venres 1 de abril (IES As lagoas)
-  datas da Final Comarcal As Burgas:
    venres 8 de abril (Ies As Lagoas) para Infantiles e Cadetes
    sábado 9 de abril (Ies As Lagoas) para Benxamín e Alevín
- datas da Final Provincial :
    sábado 7 de maio (Un. Laboral) para Inf e Cadetes
    domingo 8 de maio (Un. Laboral) para Benxamín e Alevín
- datas do Campionato Galego: 21 e 22 de maio en Outes

sábado, 26 de marzo de 2011

"TORNEO DE BÁDMINTON OURENSE 2011", 2 de abril .

O Club Athlos, en colaboración co Club Universidade Laboral, convoca unha nova xornada competitiva para os veteráns galegos, inmersos na preparación do seu Campionato de España.





“TORNEO DE BÁDMINTON
               OURENSE 2011”




DATA: Sábado, 2 de abril de 2011

SEDE: Polideportivo da Universidade Laboral, Ourense.
MODALIDADES: Individual e Dobres, masculino e feminino.
SISTEMA DE COMPETICIÓN: Grupos e cadro eliminatorio.
VOLANTES: RSL
INSCRICIÓNS: a nuria@edu.xunta.es,  indicando categoría A / B/C e  Comida Si/NON
                            Antes das 21 horas do xoves 31 de abril.
ORGANIZA: Club Polideportivo Athlos
COLABORA: Club Universidade Laboral, Begano, Coffe Plus, Secretaría Xeral para o Deporte, Deporte Galego, Concello de Ourense e Deputación de Ourense.

OS XOGADORES VETERÁNS GALEGOS MANIFESTAN O SEU DESACORDO COA FEGABAD

MANIFESTO EN DEFENSA DOS VETERÁNS DO BÁDMINTON GALEGO

Os deportistas abaixo relacionados queren facer constar:

         “- O máis absoluto desacordo ca actitude xeral da nosa federación autonómica co colectivo de deportistas veteráns.
         - O máis absoluto desacordo coa maneira concreta en que a nosa federación ven xestionando esta problemática última”.
      
  E declaran que:
        “- A FEGABAD non pode desprenderse da responsabilidade  adquirida en Asamblea de desenvolver unha competición calendada dende principios de tempada como é o  Ranking Galego de Veteráns.
        - A FEGABAD non pode deixar pasar este conflito sen depurar responsabilidades propias tanto por acción como por omisión.
        - A FEGABAD non pode exercer ou deixar de exercer o seu traballo en función de comentarios particulares que non lle cheguen por cauces regulamentarios.
        - A FEGABAD debe convocar en reunión formal a todos os clubes que participan nesta competición.
        - Os veteráns galegos reclamamos o dereito a ser informados sobre os motivos que levan á unilateral decisión de estragar o vínculo Federación- Veteráns.
        - Os veteráns galegos esiximos coñecer o respaldo normativo e legal de tal decisión.
        - Os veteráns galegos reclamamos respecto ao noso numeroso colectivo, á nosa competición, á nosa condición de deportistas federados e aos resultados colleitados para o Bádminton Galego ao longo da historia.       
         - No vindeiro Campionato de España que se disputará en Mahón (Menorca) representaremos únicamente aos nosos clubes, sen mención algunha á Federación Galega de Bádminton, de persistir a situación actual”.       

VER CARTA AO PRESIDENTE DA FEGABAD

Se queres apoiar estas reivindicacións, entra en "comentarios"

domingo, 20 de marzo de 2011

1º TROFEO FEIRA DO COCIDO, Lalín, 20 de febreiro.Unha xornada moi agradable, con 4º SET

Un estupendo cocido en Lalín remata unha xornada de bádminton veterán disputada nas modalidades de dobres e dobres mixtos.
A pesar do recente "desentendemento" da FEGABAD das actividades relacionadas con veteráns galegos, os eventos competitivos programados e calendados a principios de tempada seguen adiante. Noraboa aos participantes e, por suposto, a organización.

1º FOTOS
MÁIS FOTOS

miércoles, 9 de marzo de 2011

1º TROFEO FEIRA DO COCIDO de BÁDMINTON VETERÁN. Domingo, día 20 de marzo.


O 1º Trofeo Feria do Cocido está organizado pola Sociedade
Deportiva Lalín. Disputaráse o vindeiro domingo, día 20 de marzo,
a partires das 10.00 horas, nas modalidades de Dobres
(masculino e feminino) e Mixtos.
A cota de participación no torneo é de 10 euros, que da dereito a
disputar as dúas modalidades.
Ao rematar o campionato haberá Cocido de Lalín. O precio por
persoa é de 20 euros.
O Torneo faráse polo sistema de grupos, na fase previa (en
función da inscrición). E a fase final decidiráse por eliminación.
Haberá 8 pistas no pavillón municipal de Lalín. O remate do
torneo está previsto para as 14.30 horas, para escomenzar a
comer o Cocido ás 15.00 horas.
MÁIS INFORMACIÓN

martes, 1 de marzo de 2011

Open internacional de España de Badminton Adaptado

Óliver Rey Estévez, do Club Polideportivo Athlos, representará á provincia no OPEN INTERNACIONAL DE ESPAÑA DE BÁDMINTON ADAPTADO, a desputar en Murcia do 24 ao 27 de marzo.
MÁIS INFORMACIÓN