sábado, 26 de marzo de 2011

OS XOGADORES VETERÁNS GALEGOS MANIFESTAN O SEU DESACORDO COA FEGABAD

MANIFESTO EN DEFENSA DOS VETERÁNS DO BÁDMINTON GALEGO

Os deportistas abaixo relacionados queren facer constar:

         “- O máis absoluto desacordo ca actitude xeral da nosa federación autonómica co colectivo de deportistas veteráns.
         - O máis absoluto desacordo coa maneira concreta en que a nosa federación ven xestionando esta problemática última”.
      
  E declaran que:
        “- A FEGABAD non pode desprenderse da responsabilidade  adquirida en Asamblea de desenvolver unha competición calendada dende principios de tempada como é o  Ranking Galego de Veteráns.
        - A FEGABAD non pode deixar pasar este conflito sen depurar responsabilidades propias tanto por acción como por omisión.
        - A FEGABAD non pode exercer ou deixar de exercer o seu traballo en función de comentarios particulares que non lle cheguen por cauces regulamentarios.
        - A FEGABAD debe convocar en reunión formal a todos os clubes que participan nesta competición.
        - Os veteráns galegos reclamamos o dereito a ser informados sobre os motivos que levan á unilateral decisión de estragar o vínculo Federación- Veteráns.
        - Os veteráns galegos esiximos coñecer o respaldo normativo e legal de tal decisión.
        - Os veteráns galegos reclamamos respecto ao noso numeroso colectivo, á nosa competición, á nosa condición de deportistas federados e aos resultados colleitados para o Bádminton Galego ao longo da historia.       
         - No vindeiro Campionato de España que se disputará en Mahón (Menorca) representaremos únicamente aos nosos clubes, sen mención algunha á Federación Galega de Bádminton, de persistir a situación actual”.       

VER CARTA AO PRESIDENTE DA FEGABAD

Se queres apoiar estas reivindicacións, entra en "comentarios"

4 comentarios:

CLUB POLIDEPORTIVO ATHLOS dijo...

O CLUB POLIDEPORTIVO ATHLOS APOIA UNANIMENTE ESTE COMUNICADO

Nuria Fernández Valencia dijo...

Eu apoio o comunicado dos veteráns.
34966839-P

Julio dijo...

Penso que a Xunta Directiva que incumple os acordos -mandatos- da súa Asamblea Xeral o máis correcto e que dimita.

olalla dijo...

Non teñen desperdicio as declaracións de Juan Amaro no facebook de "bádminton veteranos". ¡Qué vergonza! non sabía que era vicepresidente! e aparece como tal no organigrama que enviou o señor presidente... ademáis contesta con ben pouca educación á nosa delegada. Ánimo Nuri!!!!