MANIFESTO EN DEFENSA DOS VETERÁNS DO BÁDMINTON GALEGO
Os deportistas abaixo relacionados queren facer constar:
“- O máis absoluto desacordo ca actitude xeral da nosa federación autonómica co colectivo de deportistas veteráns.
- O máis absoluto desacordo coa maneira concreta en que a nosa federación ven xestionando esta problemática última”.
E declaran que:
“- A FEGABAD non pode desprenderse da responsabilidade adquirida en Asamblea de desenvolver unha competición calendada dende principios de tempada como é o Ranking Galego de Veteráns.
- A FEGABAD non pode deixar pasar este conflito sen depurar responsabilidades propias tanto por acción como por omisión.
- A FEGABAD non pode exercer ou deixar de exercer o seu traballo en función de comentarios particulares que non lle cheguen por cauces regulamentarios.
- A FEGABAD debe convocar en reunión formal a todos os clubes que participan nesta competición.
- Os veteráns galegos reclamamos o dereito a ser informados sobre os motivos que levan á unilateral decisión de estragar o vínculo Federación- Veteráns.
- Os veteráns galegos esiximos coñecer o respaldo normativo e legal de tal decisión.
- Os veteráns galegos reclamamos respecto ao noso numeroso colectivo, á nosa competición, á nosa condición de deportistas federados e aos resultados colleitados para o Bádminton Galego ao longo da historia.
- No vindeiro Campionato de España que se disputará en Mahón (Menorca) representaremos únicamente aos nosos clubes, sen mención algunha á Federación Galega de Bádminton, de persistir a situación actual”. VER CARTA AO PRESIDENTE DA FEGABAD
Se queres apoiar estas reivindicacións, entra en "comentarios"
4 comentarios:
O CLUB POLIDEPORTIVO ATHLOS APOIA UNANIMENTE ESTE COMUNICADO
Eu apoio o comunicado dos veteráns.
34966839-P
Penso que a Xunta Directiva que incumple os acordos -mandatos- da súa Asamblea Xeral o máis correcto e que dimita.
Non teñen desperdicio as declaracións de Juan Amaro no facebook de "bádminton veteranos". ¡Qué vergonza! non sabía que era vicepresidente! e aparece como tal no organigrama que enviou o señor presidente... ademáis contesta con ben pouca educación á nosa delegada. Ánimo Nuri!!!!
Publicar un comentario